Detido en Culleredo un dos "ladróns de bermudas"

Presuntamente cometeu varios delitos de roubo con forza no Burgo

A Garda Civil detivo en Culleredo a un dos "ladróns de bermudas", a quen se lle imputan varios delitos de roubo con forza e un furto.


Os axentes do posto de Culleredo detiveron a este home que forma parte dun grupo que utiliza as bermudas como peza habitual para delinquir.

O agora detido cometeu presuntamente varios delitos de roubo con forza no Burgo, nun estudo fotográfico e unha óptica, e furtou obxectos do interior dun vehículo.

Actuaba en compañía doutra persoa, que usaba unha maza para fracturar os escaparates e posteriormente subtraer os efectos que se achaban no interior.

Xa fora detido a fin de semana pasada como un presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación tras ameazar cunha navalla a un veciño da localidade a cambio de que lle entregase as súas pertenzas, informa o Instituto Armado a través dunha nota de prensa. 

Comentarios