Detido un mozo na Coruña por roubo con forza

O home ameazou a un coñecido cunha navalla para conseguir diñeiro

Un mozo foi detido acusado de ameazar cunha navalla a un coñecido e atracalo tras penetrar á forza na súa casa na Silva de Arriba, na periferia da cidade da Coruña, informou este martes a Policía.

O individuo, de 19 anos, rompeu a porta de entrada da vivenda da vítima e ameazoulle con cravarlle a navalla se non lle daba diñeiro, sinala a Policía Nacional nun comunicado.

A vítima, aproveitando un descoido do agresor, logrou escapar e refuxiarse ata a chegada da Policía que localizou pouco despois ao agresor nunha batida pola zona.

Comentarios