Detidos dous irmáns, un menor, por agredir a dous inmigrantes en Ribeira

A agresión foi perpetrada na madrugada do pasado sábado

Dous irmáns, un deles menor de idade, foron detidos este martes na localidade coruñesa de Ribeira por agredir supostamente a dous inmigrantes senegaleses.

A agresión foi perpetrada a madrugada do pasado sábado nunha rúa deste pobo da costa da Coruña, segundo informan a Efe fontes oficiais.

As forzas de seguridade investigan o sucedido, que puido deberse a unha rifa, pois os implicados están considerados como persoas conflitivas.

Os dous irmáns están pendentes de pasar a disposición xudicial.

Comentarios