Detido un taxista de Ourense por empregar o seu traballo para vender cocaína

Acúsaselle dun delito de tráfico de drogas

A Policía Nacional de Ourense detivo a un taxista da cidade como suposto autor dun delito de tráfico de drogas. Presuntamente, o detido valeuse do seu traballo para dedicarse á venda de sustancias estupefacientes.

Segundo informou a comisaría provincial, o grupo de estupefacientes, dentro dos labores de investigación e prevención do tráfico de drogas a pequena e mediana escala, investigou a un home pola súa presunta relación no tráfico de drogas desde setembro.

Por mor de varias vixilancias, os policías conseguiron determinar que utilizou o seu medio de traballo para vender sustancias estupefacientes, polo que procederon á súa detención.

Durante un rexistro do seu domicilio, a policía incautou 75 gramos de cocaína e 3.710 euros en metálico. O detido é un home de 50 anos, natural de Ourense, sen antecedentes previos.

Comentarios