Dous accidentes laborais sucédense en Ourense e A Coruña

Un operario caeu desde unha altura de tres metros en Verín, mentres un traballador experimentou outra caída ao realizar tarefas de descarga en Arteixo

Un operario tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia tras caer dunha altura de tres metros, segundo indicou Emerxencias Médicas.

Pasadas as 15:00 horas, un veciño alertou do accidente á Policía Local, Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Verín. Ademais, tamén pola tarde tivo lugar outro accidente laboral en Arteixo, ao sufrir unha caída un traballador que estaba a realizar tarefas de descarga dun camión.

Neste caso, a Protección Civil de Arteixo informou que a carga que movía, caeu encima, polo que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario. Tras a alerta dun particular, foi solicitada a intervención de Urxencias Médicas, Policía Local e Garda Civil.

Comentarios