Dous detidos en Culleredo despois de practicar roubo con violencia e lesións

Os arrestados agredían fisicamente ás vítimas e ameazábanas de morte

A Garda Civil detivo no Burgo, no municipio coruñés de Culleredo, a dous homes polos presuntos delitos de roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa e lesións en dous sucesos diferentes.

Os axentes actuaron na rúa Sanjurjo Carricarte do Burgo para deter ao primeiro dos imputados, que portaba unha navalla que lle foi intervida.

Polos mesmos delitos houbo outra detención na praza do Burgo, segundo informa o Instituto Armado a través dunha nota de prensa.

Os detidos agrediron fisicamente e ameazaron de morte ás súas vítimas, ás que intentaron quitar o diñeiro pola forza, tal como engade o comunicado.

Comentarios