Dous feridos tras arder o coche no que viaxaban en Arteixo

O accidente produciuse minutos antes das tres da madrugada no lugar de Sorrizo

Dúas persoas resultaron feridas tras saírse da vía co coche en que viaxaban, que ardeu por completo, en Arteixo.


A Axencia de Urxencias de Galicia explica que de madrugada, minutos antes das tres, produciuse un accidente de tráfico no lugar de Sorrizo cun único turismo involucrado.

Nun primeiro momento estas persoas, que saíron polos seus propios medios do interior do vehículo, rexeitaron a asistencia médica, pero os servizos sanitarios atendéronas porque estaban feridas, indica a mesma fonte.

O vehículo empezou a arder tras saírse da vía e quedou completamente calcinado, nunha intervención en que colaboraron os bombeiros de Carballo, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. 

Comentarios