Dúas persoas resultan feridas ao chocar dous vehículos en Carballo

O accidente rexistrouse ás 21.00 horas deste sábado na DP-1914

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar dous vehículos na estrada que une Carballo e Santiago de Compostela, a DP-1914, a cinco quilómetros da capital bergantiña.

Segundo informou este domingo o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 21.00 horas deste sábado cando, debido ao impacto, os afectados quedaron atrapados nos seus respectivos vehículos. Unha vez recibida a alerta por parte dun particular, o CAE 112 Galicia informou aos Bombeiros, a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os bombeiros desprazáronse ao momento cun equipo de excarceración. Liberaron aos dous condutores dos dous vehículos implicados. Os efectivos sanitarios tamén acudiron á zona para asistir aos feridos.

Comentarios