Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Outes

Unha das vítimas do sinistro, rexistrado sobre as 16.20 horas, atópase grave

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, ao saírse da vía o vehículo co que circulaban pola estrada que unha Serra de Outes e Santa Corda, á altura de Banzas, na parroquia de Santo Ourente de Entíns.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 16.20 horas cando o vehículo se saíu da vía e envorcou nunha cuneta. As dúas persoas feridas foron evacuadas en ambulancias a centros hospitalarios.

Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron do accidente aos Bombeiros de Boiro e ao GES de Muros. Tamén se informou a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios