Dous turismos calcinados nun incendio nun garaxe do concello de Lobios

Un curtocircuíto nun dos vehículos puido ser a causa que orixinou o lume na cocheira de Xendive

Un incendio calcinou dous turismos no interior dun garaxe, no lugar de Xendive, no concello ourensán de Lobios. Efectivos do GES da localidade informaron ao CAE 112 Galicia que, un curtocircuíto nun dos vehículos, puido ser a causa que orixinou o incendio. 

Sobre as 04.00 horas da madrugada deste venres, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia da situación. A partir de aí, desde a central de Urxencias de Galicia púxose en marcha un dispositivo no que participaron, membros do GES e de Protección Civil da localidade e a Garda Civil. Os efectivos do GES e de Protección Civil de Muíños tamén foron informados. 

Ao fío das 06.00 horas, os servizos de urxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia a extinción do lume na súa totalidade.

Comentarios