Dous anos e medio de cárcere por intento de homicidio en Arteixo

Intentouno cunha cizalla en 2013. O fiscal solicitara cinco anos e seis meses de prisión

Un home acusado de intentar matar a outro cunha cizalla no municipio coruñés de Arteixo en 2013 foi condenado este martes a dous anos e medio de prisión por estes feitos. A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu a vista na que a Fiscalía solicitaba cinco anos e seis meses de prisión para o acusado, que admitiu os feitos a cambio de rebaixar a pena a dous anos e medio de cárcere, máis outros oito de afastamento da vítima e 4.500 euros de indemnización.

A defensa intentará evitar o ingreso en prisión do seu patrocinado porque ten problemas de alcoholismo, alegou, aínda que a decisión final dependerá do maxistrado. No seu escrito, o fiscal detalla que en maio de 2013 o acusado quixo acabar coa vida dun home golpeándoo cunha cizalla de grandes dimensións.

Segundo este relato, o acusado ameazouno no interior dun bar e despois perseguiuno no seu coche e interpúxose na súa traxectoria para obrigalo a que parase antes de intentar matalo nunha estrada que une o municipio coruñés de Arteixo coa parroquia de Morás.

Comentarios