Dúas persoas detidas por un roubo con forza nun bar de Pontevedra

Os mozos, de 20 e 26 anos, romperon a máquina comecartos e levaron as moedas que había no seu interior

Dous mozos foron detidos como presuntos autores dun roubo con forza nun establecemento hostaleiro da cidade de Pontevedra ocorrido na madrugada do pasado 23 de novembro.

Segundo informou a Comisaría de Pontevedra, os detidos, de 20 e 26 anos, respectivamente, contan con antencedentes penais previos e foron postos a disposición xudicial.

Os axentes perseguiron aos acusados logo de que un particular dese o aviso de que se estaba producindo un roubo no bar. Os detidos forzaran o cadeado da parte traseira do establecemento e, unha vez no interior do local, romperon cunha cadeira a máquina comecartos e apoderáronse das moedas que había no seu interior.

Comentarios