Dúas persoas resultan feridas tras envorcar o seu coche en Vilarmaior

Un dos ocupantes do vehículo tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado a Santiago de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas este martes en Vilarmaior, na Coruña, despois de que o seu coche envorcase na estrada. Descoñécense as causas do sinistro ocorrido na estrada que une os concellos de Miño e Monfero, á altura de Torres.

Un dos ocupantes do vehículo tivo que ser evacuado do lugar dos feitos nun helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A persoa que o acompañaba foi trasladada a un centro hospitalario en ambulancia. Un deles tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Betanzos.

No operativo tamén participaron os membros dos servizos de Urxencias e a Garda Civil de Tráfico.

Comentarios