O incendio dun camión dificulta o tráfico rodado na A-52 na Gudiña

O 112 tivo constancia do que sucedía ás 5:45 horas deste luns. O incidente produciuse no punto quilométrico 124, dirección Benavente

O incendio dun tráiler durante esta madrugada provocou dificultades na circulación por un tramo da A-52, en concreto no punto quilométrico 124, dirección Benavente, á altura da localidade ourensá da Gudiña, segundo informou este luns a central que se ocupa da coordinación das urxencias en Galicia.

O 112 tivo constancia do que sucedía ás 5:45 horas por varias chamadas telefónicas, entre elas a do propio condutor, que contou que levaba pezas de coches e que estaba a arder a cabeza tractora, aínda que a continuación prendeu en chamas todo o vehículo.

Efectivos do GES da Gudiña, de Protección Civil e da Garda Civil formaron parte do dispositivo despregado, e tamén se deu aviso aos servizos de mantemento do Ministerio de Fomento e ao servizo provincial de incendios, ante o temor de que o lume se estendese a zona forestal. 

Comentarios