Evacuada en helicóptero unha peregrina tras romper unha perna en Ponteceso

Os medios aéreos tiveron que acudir ao lugar pois era de difícil acceso

O helicóptero Pesca II evacuou este sábado a unha peregrina que rompeu unha perna no municipio coruñés de Ponteceso cando realizaba o Camiño de Fisterra.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 16.00 horas en Punta Espiñeira. Como o lugar era de difícil acceso, foi necesario empregar medios aéreos para o seu rescate.

A ferida foi evacuada na aeronave ao aeroporto de Alvedro, onde unha ambulancia esperaba para o seu traslado a un centro hospitalario. Ademais da os medios aéreos, o CAE 112 informou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso, a Urxencias Médicas 061 e á Garda Civil.

Comentarios