Evacuado en helicóptero tras a mordedura dunha culebra en Boiro

O suceso tivo lugar no monte da Armada, en Bealo

Un helicóptero tivo que evacuar a un home en Boiro tras recibir a picadura dunha culebra. Os feitos tiveron lugar ás 13.00 horas, nunha zona de monte no lugar da Armada, na parroquia de Bealo. A parella do ferido contactou co Cae 112 informando dos feitos. 

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar ao home. 

O Centro de Atención ás Emerxencias púxose en contacto con Protección Civil e Urxencias Médicas. Tamén foi posto en coñecemento da Garda Civil.

Comentarios