Evacuado en helicóptero un home que caeu desde uns 15 metros en Maceda

O suceso tivo lugar nunha vivenda de Outeiro da Torre. A vítima, de 65 anos, foi trasladada ao hospital

Un home duns 65 anos foi evacuado este mércores en helicóptero logo de sufrir unha caída en Maceda, desde unha altura duns 15 metros, segundo informa o 112.

Os feitos tiveron lugar nunha vivenda de Outeiro da Torre e o 112 tivo constancia da situación ás 16.00 horas a través da alerta de Urxencias Médicas.

Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao home ata un centro hospitalario. Foron avisados tamén Protección Civil e a Garda Civil. 

Comentarios