Evacuado en helicóptero un home que caeu do tellado en Boborás

A vítima estaba a recolocar a antena de televisión no seu domicilio, situado na o lugar da Groba

Un home tivo que ser evacuado en helicóptero ata un centro hospitalario logo de sufrir unha caída desde o tellado da súa casa cando se atopaba recolocando a antena de televisión.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso produciuse na tarde deste domingo na Groba, na parroquia de Moldes, situada no termo municipal de Boborás.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente pasadas as 16.00 horas tras ser alertado por Urxencias Médicas. Desde a central tamén se deu aviso ao GES de Avión, Protección Civil e a Garda Civil.

Comentarios