Excarceran a unha condutora tras unha colisión na Coruña

A muller, que tiña un golpe na cabeza, non podía saír do vehículo pois, a causa do impacto, as portas quedaron bloqueadas

Os bombeiros da Coruña axudaron a saír do vehículo a unha condutora tras chocar, na tarde deste xoves, cunha furgoneta á altura do Hospital Materno coruñés.

A muller, que conducía un turismo, tivo problemas para abandonar o vehículo pois, a causa do impacto, as portas quedaron bloqueadas. Así o relatou a propia implicada ao persoal do CAE 112 Galicia, que informou os efectivos do parque de bombeiros da cidade, Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. 

Xa no lugar do accidente, os bombeiros abriron as portas e facilitaron aos servizos sanitarios atender á condutora, que tiña un golpe na cabeza. 

Comentarios