Falece un home de 73 anos atropelado en Carral

O accidente ocorreu a última hora do xoves

Un home de 73 anos, con iniciais M.O.L., faleceu atropelado a última hora do xoves en Carral (A Coruña).

O servizo de urxencias sanitarias 061 indica que o sobre as 23.36 horas recibiu un aviso por un accidente de tráfico consistente nun atropelo.


Ao lugar do suceso acudiron unha ambulancia asistencial e persoal sanitario da PAC de Cambre, aínda que finalmente a persoa atropelada faleceu no punto.