Falece no Pino unha muller de 67 anos tras ser atropelada

Tratábase dunha peregrina que realizaba o Camiño de Santiago. Ao lugar desprazáronse unha ambulancia asistentcial e persoal sanitario da PAC de Santiago, que só puido confirmar a súa morte

Unha peregrina de 67 anos, que responde ás iniciais M.B.V., faleceu este domingo tras ser atropelada no termo municipal do Pino.

O Centro de Coordinación do 061 recibiu a alerta ás 13.13 horas. O accidente ocorreu ao redor das 13:10 horas na N-547 ao seu paso por Arca. Ao lugar trasladáronse unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Santiago, que non puido facer nada por salvar a súa vida, resultando falecida no acto.

 

Comentarios