Ferida grave unha muller tras caerlle encima un motocultor en Dodro

A vítima quedou tendida nunha cuneta, encaixada baixo a máquina

Unha muller resultou ferida de carácter grave este mércores no municipio coruñés de Dodro tras caerlle encima o motocultor co que estaba a traballar. Segundo informou a Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 14.00 horas nunha pista de Teaio, na parroquia de San Xoán de Laíño.

Tras o accidente, a vítima quedou tendida nunha cuneta, encaixada baixo a máquina. Varios particulares que se atopaban na zona retiraron o motocultor de encima da muller, que foi evacuada de urxencia nunha ambulancia a un centro sanitario en estado grave.

Ata a zona desprazáronse tamén efectivos dos bombeiros de Boiro, do GES de Padrón e da Garda Civil.

Comentarios