Ferida de gravidade unha muller ao chocar contra un poste en Culleredo

Ocorreu ao mediodía, na estrada que une O Burgo con Vilaboa

Unha muller resultou ferida de gravidade este luns en Culleredo (A Coruña) ao chocar o vehículo que conducía contra un poste de electricidade.

O accidente produciuse ás 12 horas na estrada que une O Burgo con Vilaboa, informa o 112.

Tras recibir a alerta do persoal sanitario, que indicaba que a muller estaba inconsciente e atrapada no interior do turismo, os Bombeiros de Arteixo desprazáronse ao lugar sen que fose necesaria a súa intervención, xa que a ferida fora trasladada a un centro hospitalario.Axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección

Civil desprazáronse ata o lugar do accidente, desde onde a muller foi trasladade ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña polo 061.