Feridas dúas persoas ao chocar o seu coche contra unha casa en Trives

As dúas persoas que viaxaban no coche tiveron que recibir asistencia sanitaria

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na noite do venres ao chocar un vehículo contra unha casa no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente sucedeu sobre as 22.00 horas cando o vehículo no que viaxaban as dúas persoas feridas impactou contra o muro dunha casa situada na Avenida de Ourense na estrada OU-536.

As dúas persoas feridas tiveron que recibir asistencia sanitaria. Precisamente, foron os efectivos de Urxencias Sanitarias, segundo explicou o 112, os que informaron da situación ao servizo de urxencias minutos antes das 22.00 horas do venres.

Por parte do Centro de Atención ás Emerxencias alertouse ao GES de Castro Caldelas, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios