Ferido tras caerlle unha árbore encima en Cesuras

O operario foi trasladado ao hospital da Coruña para ser atendido das lesións provocadas polo altercado

Un operario resultou ferido este luns despois de caerlle unha árbore encima no piñeiral de Trasanquelos, en Cesuras. O home foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital da Coruña debido ás lesións provocadas no accidente.

Non foi necesario o uso dos equipos de excarceración, pois cando chegaron os membros do Ges de Curtis, o ferido xa estaba completamente liberado.

Un particular púxose en contacto co 112 tras suceder os feitos. No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil da zona.

Comentarios