Ferido un home tras quedar atrapado baixo o seu tractor na Rúa

A vítima foi atropelada polo vehículo que el mesmo manexaba

Un home resultou ferido este venres tras quedar atrapado baixo un tractor que manexaba, polo que foi atropelado, no municipio ourensán da Rúa.

Segundo informou a Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 12.00 horas nunha leira da Avenida de Vilela, nas proximidades do grupo escolar.

A vítima, que manexaba un tractor, sufriu un accidente e foi atropelada polo vehículo, quedando atrapada polas pernas.
Ata o lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Valdeorras, así como o helicóptero medicalizado do 061 para asistir ao ferido. Ademais, foi mobilizada a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil.

Comentarios