Ferido un septuaxenario ao caerlle unha póla dunha árbore en Ponteceso

O accidente rexistrouse minutos antes das 20.30 horas cando a vítima traballaba nunha leira da súa propiedade, na parroquia de Xornes

Un septuaxenario resultou ferido a última hora da tarde do mércores no municipio de Ponteceso tras caerlle encima a póla dunha árbore. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente rexistrouse minutos antes das 20.30 horas cando a vítima traballaba nunha leira da súa propiedade, na parroquia de Xornes.

O persoal do servizo de urxencias alertou a Protección Civil e á Garda Civil. No operativo tamén participaron efectivos de Urxencias Sanitarias e do GES de Ponteceso.

O home foi evacuado nun tractor ata o punto onde esperaba por el unha ambulancia. Desde alí, o ferido, J.R.C., de 74 anos, foi levado nunha ambulancia asistencial acompañado dun médico da PAC da zona ao Hospital A Coruña, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Comentarios