Ferido na Coruña ao caer por unha escaleira dun concesionario

O home precipitouse desde uns catro metros de altura no concesionario no que se ocupaba

Un traballador dun concesionario de coches resultou ferido ao caer dunha escaleira. A vítima precipitouse ao chan desde unha altura aproximada duns catro metros. Segundo se lle indicou ao 112, o empregado estaba a facer unhas tarefas de mantemento cando se produciron os feitos. 

Os efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia para trasladar á vítima a un centro hospitalario. 

Un compañeiro da vítima chamou ao 112 Galicia ás 20:30 horas de onte. Enseguida, o persoal do Centro de Atención ás Urxencias informou a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Policía Nacional.

Comentarios