Catro feridos nunha colisión múltiple rexistrada no Concello de Vilaboa

O accidente ocorreu na N-554, a un quilómetro da Ponte de Rande, ao fío das 2:14 horas

Unha colisión múltiple na que se viron implicados tres coches esta noite en Vilaboa saldouse con catro persoas feridas leves que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario, segundo informa o 112.

O accidente ocorreu na N-554, a un quilómetro da Ponte de Rande, ao fío das 2:14 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro. Acto seguido, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.