Ferida en Oleiros ao envorcar o seu coche

A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario

Unha muller resultou ferida na tarde deste luns en Oleiros tras envorcar o vehículo no que circulaba. A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. 

O sinistro tivo lugar na Rúa Doutor Fleming. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 16.25 horas, a través dun aviso de Urxencias Médicas. 

Desde a central de urxencias do 112 alertouse aos Bombeiros de Arteixo, a Protección Civil e á Policía Local.

Comentarios