Ferida tras chocar o seu coche contra o peche dunha casa en Ferrol

A muller tivo que ser evacuada do vehículo aínda que non foi necesaria a excarceración

Unha muller resultou ferida este sábado en Ferrol nun accidente de tráfico. O seu vehículo saíuse da vía e acabou impactando contra o peche dunha casa de Catabois. 

A vítima tivo que ser evacuada polos efectivos sanitarios a un centro hospitalario. Para saír do coche accidentado, a muller necesitou a axuda dos efectivos mobilizados, aínda que non foi necesario empregar o equipo de excarceración. 

O 112 Galicia recibiu o aviso dunha persoa particular ás 14.15 horas desta tarde. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertaron a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Ferrol. Así mesmo, tamén se informou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios