Dous feridos nun accidente múltiple en Santiago

No choque víronse implicados tres turismos e as vítimas non tiveron que ser excarceradas

Unha colisión entre tres vehículos saldouse con dúas persoas feridas este xoves en Santiago. As vítimas, que non tiveron que ser excarceradas, foron trasladas por Urxencias Médicas ao centro hospitalario máis próximo. 

O accidente tivo lugar na estrada AG-56, concretamente, no punto quilométrico 2.500. Unha persoa particular alertaba do sucedido ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ao redor das 22:30 horas. 

Desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Santiago, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se puxo en coñecemento ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios