Ferido de gravidade un operario da depuradora de Couso en Ribeira

A vítima sufriu contusións de diversa consideración nas súas extremidades inferiores

Un operario da depuradora de Couso, no municipio coruñés de Ribeira, resultou ferido de gravidade nas súas extremidades inferiores tras sufrir un accidente laboral na depuradora de Couso, informou este mércores o servizo de Urxencias da Xunta.

A vítima é un operario que manipulaba unha máquina na citada planta depuradora de augas residuais e sufriu lesións importantes nunha perna, que quedou enganchada nun aparello composto por cadeas, polo que corre o risco de que teña que ser amputada, precisaron as fontes.

A alerta do accidente foi rexistrada cara ás 12.00 horas polo citado servizo da Xunta, que enviou á zona unha ambulancia para trasladar de urxencia á vítima.

Comentarios