Ferido un condutor tras envorcar en Culleredo

Ocorreu en Celas

O condutor dun vehículo resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado na noite do domingo tras envorcar o seu vehículo no municipio de Culleredo.

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu sobre as 22.00 horas do domingo á altura do número 43 da Rúa Rumbo, en Celas, no termo municipal de Culleredo.

O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, pasados uns minutos das 22,00 horas do domingo, indicou que o condutor non saía do interior do turismo.

Ademais de pór en alerta aos Bombeiros de Arteixo, o CAE 112 Galicia pasou aviso tamén a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Unha vez chegados ao momento, os membros do parque comarcal de bombeiros confirmaron que non era necesaria a excarceración do ferido, que foi evacuado polo persoal sanitario.

Comentarios