Ferido o condutor do camión dunha orquestra despois dunha saída de vía en Ponteceso

O vehículo acabou fóra da estrada nunha zona de hortos

O condutor do camión dunha orquestra resultou ferido este mércores tras saírse da vía pola que circulaba no municipio coruñés de Ponteceso, informa a Axencia Galega de Urxencias.

Ás 7.30 horas deste mércores o vehículo acabou fóra da estrada, nunha zona de hortos, na parroquia de Cores e un particular alertou ao 112 do suceso.

O condutor estaba ferido, polo que se deu aviso a Urxencias Médicos, á Garda Civil de Tráfico, ao Grupo de Urxencias Supramunicipal de Ponteceso e aos bombeiros de Carballo.

Comentarios