Ferido na cabeza un condutor que atropelou a un xabaril en Ribeira

O accidente ocorreu na estrada que une Aguiño e Palmeira

O condutor dun turismo chocou esta madrugada cun xabaril na localidade coruñesa de Ribeira, o que lle provocou unha ferida aberta na cabeza, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu pasadas as catro da madrugada na estrada que une Aguiño e Palmeira, na rotonda de acceso ao hospital.

O propio condutor avisou a Urxencias do suceso e das feridas que sufrira.

Comentarios