Ferido en San Cibrao das Viñas tras ser atropelado por un tractor

Foi o propio condutor o que solicitou asistencia para o atropelado

Unha persoa lesionouse este martes tras ser atropelada por un tractor que circulaba á altura do lugar de Currás, en Gargantós, no núcleo de San Cibrao das Viñas (Ourense), informou a central que se ocupa de coordinar a atención ás urxencias en Galicia.

Foi o propio condutor o que solicitou asistencia para o atropelado e enseguida os feitos puxéronse en coñecemento dos técnicos sanitarios que confirmaron o traslado do ferido ao Hospital Cristal.

Tras recibir a alerta, a escasos minutos das once deste martes, o persoal do 112 informou do suceso á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de San Cibrao e a efectivos do Ges de Pereiro de Aguiar.

Comentarios