Ferido nunha vivenda da Coruña ao incendiarse unha habitación

O lume declarouse sobre as once e media da mañá, pero pouco despois foi sufocado

Unha persoa sufriu varias queimaduras na súa vivenda da Coruña ao incendiarse unha habitación que pintaba e o cuarto de baño contiguo, informan fontes de Urxencias 112.

O lume declarouse sobre as once e media deste martes na rúa Manuel Azaña, pero pouco despois foi sufocado.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Comentarios