Ferido grave na Coruña tras ser atropelado por un bus ao que quería subir

O home, de avanzada idade, tropezou cando intentaba dar o alto a un autobús, que o arroiou e pasou por encima das súas pernas

Un home de avanzada idade resultou ferido de gravidade tras ser atropelado por un autobús urbano da Coruña ao que intentaba subir, segundo informaron fontes da Policía Local.

Ás 12.20 horas deste martes na avenida de Oza, á altura do número 103, un home tropezou cando intentaba dar o alto a un autobús, que o arroiou e pasou por encima das súas pernas.

O afectado, de avanzada idade e que responde as iniciais A.M.G., foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) en estado grave.

Comentarios