Ferido tras cortarse nun brazo en Vilar de Barrio

O home estaba traballando cunha motoserra na súa casa, situada en Porto, parroquia das Maus

Un home resultou ferido tras cortarse nun brazo cunha motoserra mentres traballaba na súa propia casa, situada no municipio de Vilar de Barrio.

O 112 Galicia recibiu a alerta sobre as 18.30 horas. O suceso tivo lugar nunha propiedade de Porto, na parroquia das Maus e a vítima estaba a traballar na súa propia casa cando se produciron os feitos, polo que se descarta accidente laboral.

O persoal da central de urxencias do 112 informou ao GES de Laza, a Protección Civil e á Garda Civil. Así mesmo, efectivos sanitarios mobilizaron unha ambulancia ata o lugar do accidente para asistir á vítima.

Comentarios