Ferido un mozo cando cortaba leña cunha motoserra en Vimianzo

O accidente ocorreu no lugar de Colúns, na parroquia de Treos, ao redor das dúas desta tarde

Un mozo resultou este venres ferido de consideración nunha perna mentres cortaba leña cunha motoserra na súa casa de Vimianzo, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu no lugar de Colúns, na parroquia de Treos, ao redor das dúas desta tarde.

O 112 avisou de inmediato do sucedido a Urxencias Médicas, a Protección Civil e á Garda Civil.

Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que finalmente o mozo foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. 

Comentarios