Ferido un menor ao ser atropelado en Cerceda

Foi trasladado ao Hospital Materno da Coruña

Un menor resultou ferido nun accidente rexistrado tras ser atropelado por un turismo na mañá deste venres no termo municipal de Cerceda. Segundo informou o 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao menor ao Hospital Materno Infantil da Coruña tras ser atropelado por un turismo sobre as 10.30 horas no cruzamento que enlaza co polígono da localidade.

Por parte do CAE 112 Galicia, tras recibir o aviso de Urxencias Sanitarias, solicitouse a colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Tamén foron informados os Bombeiros de Ordes.

Comentarios