Un menor resulta ferido en Arteixo atropelado nas proximidades dun colexio

O sinistro tivo lugar na Travesía de Meirás pouco antes das 17.00 horas

Un neno resultou ferido este martes en Arteixo ao ser atropelado. O sinistro tivo lugar na Travesía de Meirás, nas proximidades dun colexio.

Segundo informou o centro de atención ás urxencias 112 Galicia, foi un particular o que chamou ás 17.00 horas para solicitar asistencia sanitaria para o menor. Alertouse a Urxencias Médicas, os bombeiros de Arteixo, Protección Civil e á Policía local e ata o punto desprazouse unha ambulancia.

Comentarios