Feridos dous motoristas ao saírse da vía na Baña

Ambos os condutores foron evacuados en ambulancia a Urxencias Médicas

Dous motoristas foron evacuados este sábado logo de sufrir senllos accidentes cos vehículos que conducían. O suceso ocorreu ás 11.20 horas na estrada de Negreira a Santa Comba, ao paso polo concello da Baña. 

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, primeiro, o motorista que ía diante perdeu o control do vehículo e saíuse da vía. A continuación, a moto que lle seguía sofre o mesmo accidente e o condutor cae ao chan. 

Ambos foron evacuados por unha ambulancia de Urxencias Médicas, aínda que, ata o lugar do sinistro, tamén acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela.

Comentarios