Feridos un peón e o condutor que o atropelou no municipio de Oleiros

Outra persoa tivo que ser atendida tras ser arroiada por un vehículo en Ribeira

Un peón e o condutor que o atropelou resultaron este xoves feridos no municipio coruñés de Oleiros, segundo informa o 112.

O accidente produciuse ás 14 horas na estrada que conecta as localidades de Oleiros e Sada, á altura da glorieta da Pezoca.

Tanto o peón arroiado como o condutor do vehículo implicado nos feitos resultaron feridos e necesitaron ser atendidos por Urxencias Sanitarias.

RIBEIRA. Tres horas despois, ás 17.10 horas, produciuse outro atropelo en Ribeira, nunha rotonda de Santa Uxía nas proximidades dun hipermercado, onde a persoa arroiada resultou ferida.

Ata o lugar desprazáronse membros dos Bombeiros de Ribeira e de Protección Civil, así como o Grupo de Apoio a Urxencias municipal e a Garda Civil. O ferido foi asistido polo 061.

Comentarios