Interceptado un ciclista en Mugardos que triplicaba a taxa de alcoholemia

Neste caso a penalización quedará nunha sanción administrativa de 1.000 euros e non se tipificará como delito

Axentes da Policía Local de Mugardos interceptaron nunha vía desta localidade un ciclista que triplicaba a taxa de alcoholemia permitida.

O ciclista, que foi sometido á proba de alcoholemia nun control rutineiro, arroxou na proba unha taxa de 0,79 gramos de alcol por cada litro de sangue, cando o máximo permitido está en 0,25, informaron a Efe fontes policiais.

A actuación policial produciuse ao redor das dez da mañá deste venres cando o ciclista, duns cincuenta anos, circulaba pola Avenida Francisco Vizoso.

Neste caso a penalización quedará nunha sanción administrativa de 1.000 euros e non se tipificará como delito xa que para conducir unha bicicleta non se necesita licenza algunha.

Comentarios