Investigan a morte dunha muller acoitelada no municipio de Narón

O corpo da vítima, de 79 anos, foi achado este martes ao mediodía polo seu marido no domicilio que ambos os dous compartían no lugar de Cornido ► Polo momento, a Policía non descarta ningunha hipótese
La Policía Nacional investiga la muerte, producida presumiblemente con un arma blanca, de una mujer en Narón
photo_camera La Policía Nacional investiga la muerte, producida presumiblemente con un arma blanca, de una mujer en Narón

Axentes da Policía Xudicial, pertencentes á Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, investigan a morte de C.P.C., de 79 anos de idade, cuxo corpo sen vida, con varias coiteladas en diversas zonas do corpo, foi localizado polo seu marido no mediodía deste martes, sobre as 13.45 horas, no dormitorio do domicilio familiar que ambos os dous compartían no municipio de Narón (A Coruña), no número 46 do lugar de Cornido, na parroquia do Couto.

Polo momento a investigación está aberta e non se descarta ningunha hipótese para trata de esclarecer este suceso, que causou unha gran conmoción no ámbito familiar e veciñal da falecida.

Segundo algúns testemuños recollidos por Europa Press, o esposo da vítima abandonou a vivenda unifamiliar sobre as 9.00 horas deste martes para realizar o seu habitual paseo matutino e foi ao regresar ao domicilio cando se atopou coa súa muller tendida e acoitelada, ademais do dormitorio completamente revolto.

Foi entón, segundo estas mesmas fontes, cando deu a voz de alarma e solicitou aos veciños a presenza dunha ambulancia para atender a muller, ademais de presenza policial, cuxos efectivos foron os encargados de contactar co xuíz de garda que autorizou o levantamento do cadáver minutos antes das 17.00 horas.

INVESTIGACIÓN. Durante varias horas os axentes da Policía Xudicial permaneceron no interior do domicilio naronés solicitando diversa información para tratar de esclarecer este suceso, ao mesmo tempo que os veciños se dedicaron a dar apoio aos familiares da falecida.

O matrimonio ten dous fillos e unha delas é Monserrat Fraga Pérez, presidenta de Aspanemi (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías), que nas pasadas eleccións municipais do mes de maio concorreu a estes comicios formando parte da lista do BNG ao Concello de Narón, na que ocupou o posto número catro de devandita candidatura. Un suceso que tamén motivou un gran pesar entre todos os compañeiros desta formación política.

Os restos mortais da muller falecida foron trasladados ao Hospital Naval de Ferrol, onde as próximas horas se lle practicará a autopsia.

Comentarios