A mala combustión dun quentador provoca unha intoxicación a dous veciños de Sada

Ambas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario máis próximo. O equipo técnico da empresa subministradora terá que revisar as instalacións

Unha alta concentración de monóxico de carbono nunha vivenda de Sada, probablemente por mor da mala combustión dun quentador, provocou unha intoxicación a dúas persoas.

Os Bombeiros de Betanzos e os membros do Servizo Municial de Protección Civil detectaron este sábado nunha vivenda situada na avenida República Arxentina altas concentracións de monóxico de carbono. Por esta causa, dúas persoas foron trasladadas ao centro hospitalario máis próximo debido a unha intoxicación.


Tras recibir a alerta, ao redor das seis da tarde, o CAE 112 Galicia avisou aos bombeiros e aos axentes de Protección Civil, que inhabilitaron o aparello e ventilaron a vivenda. Os xestores do Centro de Atención ás Urxencias informaron tamén aos técnicos da empresa subministradora do gas para que revisasen a instalación. 

Comentarios