Liberada unha persoa tras saírse da vía co seu vehículo en Vimianzo

O accidente tivo lugar na estrada AC-552, á altura do cruzamento cara a Camariñas-Fisterra

Os Bombeiros de Cee liberaron a unha persoa que habia quedado atrapada no interior do seu vehículo logo de saírse da estrada en Vimianzo.

A dotación do parque comarcal tivo que desmontar parte do coche para sacar, pola parte traseira, á vítima, que foi atendida nunha ambulancia.

O accidente tivo na mañá deste sábado na estrada AC-552, á altura do cruzamento cara a Camariñas-Fisterra

Comentarios