Liberada unha muller que quedou atrapada nun accidente en Teo

Despois de que efectivos de Protección Civil a excarcerasen foi trasladada a un centro médico con feridas leves

Os efectivos de Protección Civil da Estrada liberaron o venres á tarde a unha muller que quedara atrapada no interior do vehículo que conducía tras sufrir unha saída de vía na AG-59, no concello coruñés de Teo, á altura do lugar de Chao do Río. 

Uns minutos antes das 19.30 horas, varios particulares alertaron ao CAE 112 Galicia do accidente e da posibilidade de que unha persoa non puidese abandonar o vehículo. Así, requiriuse a presenza dos Bombeiros de Ordes, ademais dos membros de Protección Civil da Estrada e Urxencias Médicas.

Unha vez liberada, a muller, que resultou ferida de carácter leve, foi evacuada a un centro médico. O persoal do 112 Galicia tamén o puxo en coñecemento dos membros do GES da Estrada, Protección Civil de Teo e Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios